Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.1.1. Datos do suxeito pasivo

Deberá facer constar o Número de Identificación Fiscal (NIF) do contribuínte, os apelidos e o  nome, o sexo, o estado civil a 31-12-2020 e a data de nacemento.

Se o suxeito pasivo é unha persoa discapacitada deberá indicar ademais a porcentaxe ou grao de discapacidade recoñecida no recadro 9.

Modalidades especiais de tributación

  • Suxeito pasivo non residente (obriga real)

    Se tivo durante o ano 2020 a súa residencia habitual no estranxeiro, sen ter a condición de representante, funcionario ou empregado do Estado español no estranxeiro, nos termos do artigo 10 da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, marque o recadro 1 da declaración, para indicar que a súa tributación por este Imposto é por obriga real.

  • Opción de tributación por obriga persoal

    Cando un residente en territorio español pase a ter a súa residencia noutro país poderá optar por seguir tributando por obriga persoal en España. A opción deberá exercitara mediante a presentación da declaración por obriga persoal no primeiro exercicio en que deixase de ser residente no territorio español.
    Marcarase o recadro 2 da declaración para manifestar esta opción.

    Se se marcou algunha das dous anteriores recadros (1 ou 2) e no exercicio 2020 foi vostede residente nun Estado membro da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo consigne, se desexa optar pola aplicación da normativa autonómica en materia do Imposto sobre Patrimonio, a Clave da Comunidade Autónoma do territorio español onde radique o maior valor dos bens ou dereitos de que sexa titular e polos que vaia a tributar por este imposto, ben porque estean situados, poidan exercitarse ou teñan que cumprirse en territorio español (en caso de non marcar nada neste recadro, aplicarase exclusivamente a normativa estatal)

  • Opción por obriga real

    Se no exercicio 2020 tivo a súa residencia fiscal en España pero conforme co artigo 93 da Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas optou por tributar polo réxime especial de tributación do Imposto sobre a Renda de non residentes, quedará suxeito por obriga real no Imposto sobre o Patrimonio e deberá marcar o recadro 4 de ladeclaración.

    Se marcou o recadro 4, deberá marcar tamén o recadro 12 no caso de optar pola aplicación da normativa autonómica. Se non a marca, aplicarase exclusivamente a normativa estatal.