Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.1.6. Domicilio actual

En primeiro lugar deberá distinguir se reside ou non en territorio español.

Os datos relativos ao domicilio en territorio español deberán cubrirse necesariamente polo contribuínte a través da xanela de captura que se abre no recadro "tipo de vía pública", en que deberá consignarse a seguinte información:

  • Tipo de vía pública: farase constar a denominación correspondente ao tipo ou clase de vía pública; rúa, praza, avenida, glorieta, paseo, estrada, baixada, costa, rambla, pasaxe, etc.
  • Nome da Vía pública: farase constar coa máxima precisión o nome completo da vía pública correspondente ao domicilio.
  • Tipo de numeración: deberá indicar o tipo de numeración; Número (NÚM), quilómetro (Km), sen número (S/N), Outros (OTR), etc.
  • Número:  deberá indicar o número da casa ou, se é o caso, o punto quilométrico.
  • Cualificador de número : se procede consigne tamén o dato que complete o número da casa; bis, duplicado (DUP), moderno (MOD), antigo (ANT), etc., ou o punto quilométrico (metros).
  • Bloque, portal, escaleira, planta, porta.
  • Datos complementarios do domicilio: se é o caso, faranse constar os datos adicionais que resulten necesarios para a completa identificación do domicilio como por exemplo: Urbanización, Edificio, Residencial; Polígono, etc.
  • Localidade / Poboación: deberá consignarse se o seu nome é distinto ao do Municipio.
  • Provincia: deberá seleccionarse da lista que se desprega neste recadro.
  • Código postal: indicarase o código postal asignada á vía pública do domicilio.
  • Municipio: consignarase o municipio concreto onde se acha o domicilio, ben directamente ou ben seleccionandoo da lista que se desprega neste recadro.
  • Teléfonos: Co fin de axilizar a resolución das incidencias que poidan xurdir na tramitación da declaración, poderá facilitar un número de teléfono fixo (incluíndo o prefixo) en que poida ser máis facilmente localizado en días e horas laborables. Así mesmo poderá facilitar o teléfono móbil e, se é o caso, o número de FAX.

Residentes no estranxeiro

 Deberá consignar todos os datos da súa residencia, así como indicar o código de país, indicando tamén se o seu domicilio está situado nalgún país pertencente á Unión europea, ou a outros. 

O programa abre un desdobrable con toda a relación de países posibles, no momento que se marque calquera deles , automaticamente consígnase o código alfabético de dous díxitos do país ou do territorio de que se trate.