Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.2.7.1. Apartado G1

G1) Accións e participacións no capital social ou no fondo patrimonial das Institucións de Investimento Colectivo (Sociedades e Fondos de investimento) negociadas en mercados organizados (art. 16.2 Lei 19/91)

Deben incluírse neste epígrafe as accións e participacións no capital social ou no fondo patrimonial das Institucións de Investimento Colectivo, negociadas en mercados organizados cuxa titularidade corresponda ao declarante.

Valoración

As accións e participacións declaradas neste epígrafe computaranse polo valor liquidativo na data de devindicación do Imposto (31 de decembro), valorando os activos incluídos en balance de acordo coas normas que se recollen na súa lexislación específica e sendo deducibles as obrigas con terceiros.

As entidades deberán subministrar aos seus socios, asociados ou partícipes, certificados coas valoracións correspondentes, que lles permitirán cubrir este epígrafe.

Formalización

Respecto de cada unha das accións ou participacione deberá consignar: a clave correspondente ao pleno dominio ou núa propiedade segundo cal sexa o seu caso, a porcentaxe de titularidade, o número de valores (o programa  permite decimais), o ISIN asignado pola CNMV ou no seu defecto o NIF do emisor, a descrición dos valores e o valor.

Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.