Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.2.7.3. Apartado G3

G3) Accións e participacións no capital social ou no fondo patrimonial das Institucións de Investimento Colectivo (Sociedades e  Fondos)  non negociadas en mercados organizados  (art. 16.2 Lei 19/91)

Deben incluírse neste epígrafe as accións e participacións no capital social ou no fondo patrimonial das Institucións de Investimento Colectivo, non negociadas en mercados organizados cuxa titularidade corresponda ao declarante.

Valoración

As accións e participacións declaradas neste epígrafe computaranse polo valor liquidativo na data de devindicación do Imposto (31 de decembro), valorando os activos incluídos en balance de acordo coas normas que se recollen na súa lexislación específica e sendo deducibles as obrigas con terceiros.

As entidades deberán subministrar aos seus socios, asociados ou partícipes, certificados coas valoracións correspondentes, que lles permitirán cubrir este epígrafe.

Formalización

Respecto de cada unha das accións ou participacións  deberá consignar: a clave correspondente ao pleno dominio ou núa propiedade segundo cal sexa o seu caso, a porcentaxe de titularidade, o número de valores (o programa  permite decimais),  a descrición dos valores e o valor.

Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.