Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.2.7.4. Apartado G4

G4) Accións e participacións no capital social ou fondos propios de calquera entidades xurídicas non negociadas en mercados organizados  (art. 16 Lei 19/91)

Incluiranse neste apartado as accións e participacións no capital social ou fondos propios de calquera entidades xurídicas non negociadas en mercados organizados, agás as correspondentes a Institucións de Investimento Colectivo.

Regras de valoración

  1. Informe de auditoría favorable

    A valoración efectuarase segundo o valor teórico resultante do último balance aprobado, sempre que este, ben de maneira obrigatoria ou voluntaria, fose sometido a revisión e verificación e o informe de auditoría resultase favorable.

  2. Balance non auditado ou informe de auditoría non favorable

    No caso de que o balance non fose auditado ou o informe de auditoría non resultase favorable, a valoración realizarase polo maior valor dos tres seguintes:

    • Valor nominal

    • Valor teórico resultante do último balance aprobado

    • Valor resultante de capitalizar ao tipo do 20 por 100 o termo medio dos beneficios dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data da devindicación do Imposto.

    Dentro dos beneficios computaranse os dividendos distribuídos e as asignacións a reservas, excluídas as de regularización ou de actualización de balances.

    Para o cálculo da capitalización do termo medio dos beneficios poderá utilizarse a seguinte fórmula:

    Capitalización = [(B1+B2+B3)/3]*(100/20)

    Sendo B1, B2 e B3 os beneficios de cada un dos tres exercicios sociais cerrados con anterioridade á data da devindicación do imposto.

Participacións no capital social de cooperativas

A valoración das participacións dos socios ou asociados no capital social das cooperativas determinarase en función do importe total das achegas sociais desembolsadas, obrigatorias ou voluntarias, resultantes do último balance aprobado, con dedución, se é o caso, das perdas sociais non reintegradas.

As entidades deberán subministrar aos seus socios, asociados ou partícipes, certificados coas valoracións correspondentes, que lles permitirán cubrir este epígrafe.

Formalización

Respecto de cada unha das accións ou participacións deberá consignar: a clave correspondente ao pleno dominio ou núa propiedade segundo cal sexa o seu caso, a porcentaxe de titularidade, o número de valores (o programa  permite decimais),  a descrición dos valores e o valor.

Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.