4.2.9. I) Seguros de vida
Neste apartado deben declararse os seguros de vida contratados polo declarante, aínda que o beneficiario sexa un terceiro, indicando a entidade aseguradora coa que se contrataron.
Valoración
Os seguros de vida computaranse polo seu valor de rescate no momento da devindicación do Imposto (o 31 de decembro). O devandito valor seralle facilitado pola Entidade aseguradora.
Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.