Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.3.1. Base impoñible

Constitúe a base impoñible deste imposto o valor do patrimonio neto do contribuínte.

O patrimonio neto determinarase pola diferenza entre:

  1. O valor dos bens e dereitos de que sexa titular o contribuínte e
  2. As cargas e gravames de natureza real, cando diminúan o valor dos respectivos bens ou dereitos, e as débedas ou obrigas persoais de que deba responder o contribuínte.

Con carácter xeral, a base impoñible determinarase en réxime de estimación directa.

Cando concorran as circunstancias previstas no artigo 53 da Lei xeral Tributaria, será aplicable o réxime de estimación indirecta.