Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.3.11. Comunidade Autónoma de Cataluña

  • Se entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible hai bens que forman  parte do patrimonio especialmente protexido ao abeiro da Lei 41/2003, do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade, o contribuínte residente na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá aplicar unha bonificación do 99 %na parte da cota que proporcionalmente corresponda aos devanditos bens ou dereitos.

    A mesma bonificación é aplicable aos bens ou dereitos de contido económico que formen parte do patrimonio protexido constituído ao abeiro da Lei 25/2010 do Libro Segundo do Código Civil de Cataluña relativa á persoa e a familia.

  • Establécese unha bonificación do 95 por 100 na parte da cota que corresponda proporcionalmente ás propiedades forestais, desde que dispoñan dun instrumento de ordenación debidamente aprobado pola Administración forestal competente de Cataluña.