Saltar ao contido principal
Patrimonio 2020

4.3.2. Base liquidable

No suposto de obriga persoal, a base impoñible reducirase, en concepto de mínimo exento, no importe que fose aprobado pola Comunidade Autónoma.

Se a Comunidade Autónoma non regulase o mínimo exento a que se refire o apartado anterior, a base impoñible reducirase en 700.000 euros.

O mínimo exento será aplicable no caso de suxeitos pasivos non residentes que tributen por obriga persoal de contribuír e aos suxeitos pasivos sometidos a obriga real de contribuír.

Comunidades Autónomas que regularon o mínimo exento aplicable no exercicio  aos contribuíntes residentes nos seus respectivos territorios

  • Aragón : O mínimo exento se fixa en 4 00.000 euros.
  • Cataluña: Os contribuíntes residentes en Cataluña aplicarán en concepto de mínimo exento a cantidade de 500.000 euros.
  • Extremadura:

    No suposto de obriga persoal, con carácter xeral, a base impoñible reducirase,  en concepto de mínimo exento, no importe de 500.000 euros.

    O mínimo exento para os contribuíntes que foren discapacitados será o seguinte:

    • 600.000 euros se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 33 %e inferior ao 50 %.

    • 700.000 euros se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 50 %e inferior ao 65 %.

    • 800.000 euros se o grao de discapacidade fóra igual ou superior ao 65 %.

    Para aplicar o mínimo exento que corresponda, o contribuínte deberá ter recoñecida unha  incapacidade permanente, estar incapacitado xudicialmente ou ter recoñecido algún dos  graos de discapacidade que se indican. 

    Con esta finalidade, o grao de discapacidade ou a incapacitación serán recoñecida ou declaradas polo  órgano  administrativo ou xudicial competente, de acordo coa normativa aplicable. 

  • Comunidade Valenciana:

    No suposto de obriga persoal, con carácter xeral, a base impoñible reducirase,  en concepto de mínimo exento, no importe de 600.000 euros.

    Non obstante, para contribuíntes con discapacidade psíquica, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 33 %, e para contribuíntes con discapacidade física ou sensorial, cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65 %, o importe do mínimo exento elévase a 1.000.000 de euros.