4.1.6. Domicilio actual
En primeiro lugar deberá distinguir se reside ou non en territorio español.
-
Residentes en territorio español
Os datos relativos ao domicilio en territorio español deberán cubrirse a través da xanela de captura que se abre no recadro "tipo de vía ", en que deberá consignarse a seguinte información:
-
Tipo de vía pública: farase constar a denominación correspondente ao tipo ou clase de vía pública; rúa, praza, avenida, glorieta, paseo, estrada, baixada, costa, rambla, pasaxe, etc.
-
Nome da Vía pública: farase constar coa máxima precisión o nome completo da vía pública correspondente ao domicilio.
-
Tipo de numeración : deberá indicar o tipo de numeración; Número (NÚM), quilómetro (Km), sen número (S/N), Outros (OTR), etc.
-
Número: deberá indicar o número da casa ou, se é o caso, o punto quilométrico.
-
Cualificador de número: se procede consigne tamén o dato que complete o número da casa; bis, duplicado (DUP), moderno (MOD), antigo (ANT), etc., ou o punto quilométrico (metros).
-
Bloque, portal, escaleira, planta, porta.
-
Datos complementarios do domicilio: se é o caso, faranse constar os datos adicionais que resulten necesarios para a completa identificación do domicilio como por exemplo: Urbanización, Edificio, Residencial; Polígono, etc.
-
Localidade / Poboación: deberá consignarse se o seu nome é distinto ao do Municipio.
-
Provincia: deberá seleccionarse da lista que se desprega neste recadro.
-
Código postal: indicarase o código postal asignada á vía pública do domicilio.
-
Municipio: consignarase o municipio concreto onde se acha o domicilio, ben directamente ou ben seleccionandoo da lista que se desprega neste recadro.
-
-
Residentes no estranxeiro
Deberá consignar todos os datos da súa residencia, así como indicar o código de país,. O programa abre un desdobrable con toda a relación de países posibles, no momento que se marque calquera deles , automaticamente consígnase o código alfabético de dous díxitos do país ou do territorio de que se trate.