4.3.1. Base impoñible
Constitúe a base impoñible deste imposto o valor do patrimonio neto do contribuínte.
O patrimonio neto determinarase pola diferenza entre:
-
O valor dos bens e dereitos de que sexa titular o contribuínte e
-
As cargas e gravames de natureza real, cando diminúan o valor dos respectivos bens ou dereitos, e as débedas ou obrigas persoais de que deba responder o contribuínte.
Con carácter xeral, a base impoñible determinarase en réxime de estimación directa.
Cando concorran as circunstancias previstas no artigo 53 da Lei xeral Tributaria, será aplicable o réxime de estimación indirecta.