Saltar ao contido principal
Patrimonio 2021

4.3.5. Límite de cota. Formalización

Para o cálculo deste límite, no recadro 30 "Suma das bases impoñibles do IRPF "aparecerá unha xanela de captura de datos, onde haberá que introducir a seguinte información:

  1. Tipo de tributación no IRPF

    Indicarase o tipo de tributación, individual ou conxunta, no Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas correspondente ao exercicio.

  2. Datos do declarante

    • Valor neto dos elementos patrimoniais improdutivos

      Indicarase o valor dos elementos patrimoniais que, pola súa natureza ou destino, non sexan susceptibles de producir os rendementos gravados pola Lei do IRPF, como por exemplo, vehículos non afectos, xoias, peles de carácter suntuario, etc.

      O valor neto óbténse restando ao valor deses bens as débedas deducibles correspondentes aos mesmos, así como a parte proporcional daqueloutras outras débedas que, sendo tamén deducibles, non estean vinculadas a ningún elemento patrimonial.

      Se o valor fóra cero, pode deixar o recadro en branco.

    • Bases impoñibles do IRPF (recadros 0435 e 0460 do IRPF)

      Indicaranse as bases impoñibles (xeral e do aforro) da declaración do Imposto sobre a Renda do exercicio 2021 do declarante, en caso de tributación individual, ou da unidade familiar, en caso de tributación conxunta.

      Se a base impoñible xeral e a base impoñible do aforro son cero, deberá indicaro marcando unha “X” no recadro específico establecido para ese fin.

      Para os efectos de determinar o importe da base impoñible do aforro do IRPF, deberán aplicarse as seguintes regras:

      1. Non se terá en conta a parte da citada base impoñible do aforro que corresponda ao saldo positivo das ganancias e perdas patrimoniais obtidas por transmisións de elementos patrimoniais adquiridos ou de melloras realizadas nos mesmos con máis dun ano de antelación á data da transmisión  (recadro 32 da declaración)

        Para determinar este importe consignará:

        • O saldo positivo de ganancias e perdas patrimoniais a integrar na base impoñible do aforro recollido no recadro 0424 da declaración de IRPF.

        • Para os efectos de efectuar as posibles compensacións co saldo positivo das ganancias e perdas patrimoniais a integrar na base impoñible do aforro, dos saldos netos negativos de ganancias e perdas patrimoniais de 2017 a 2020 e dos saldos negativos de capital mobiliaria de 2017 a 2020 a integrar na base impoñible do aforro reflectirá a suma dos recadros 0436, 0439, 0440, 0441, 0442, 0443, 0444, 0445 e 0447 da declaración de IRPF.

        • Reflectirá o saldo positivo das ganancias e perdas patrimoniais que correspondan  a transmisións de elementos patrimoniais adquiridos con máis dun ano de antelación.

      2. Consignará o importe dos dividendos e participacións en beneficios obtidos por sociedades patrimoniais, calquera que sexa a entidade que reparta os beneficios obtidos polas citadas sociedades patrimoniais.

    • Cotas íntegras do IRPF (recadros 0545 e 0546 do IRPF)

      Indicaranse tamén as cotas íntegras do IRPF correspondente ás bases impoñibles (xeral e do aforro) do declarante, en caso de tributación individual, ou da unidade familiar, en caso de tributación conxunta.

  3. Datos do cónxuxe

    Só en caso de tributación conxunta no IRPF deberá cubrirse este apartado, desde que o cónxuxe teña obriga de presentar declaración do Imposto sobre o Patrimonio.

    O programa non contempla o suposto de que os fillos menores que, se é o caso, integren a unidade familiar realicen declaración por este Imposto.

    • Base impoñible

      Deberá sinalarse a base impoñible que resulte da declaración do Imposto sobre o Patrimonio do cónxuxe (recadro 25)

    • Valor neto dos elementos patrimoniais improdutivos

      Indicarase o valor neto dos elementos patrimoniais do cónxuxe que, pola súa natureza ou destino, non sexan susceptibles de producir os rendementos gravados pola Lei do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, como por exemplo, vehículos non afectos, xoias, peles de carácter suntuario, etc.

      O valor neto óbténse restando ao valor deses bens as débedas deducibles correspondentes aos mesmos, así como a parte proporcional daqueloutras outras débedas que, sendo tamén deducibles, non estean vinculadas a ningún elemento patrimonial.

      Se o valor fóra cero, pode deixar o recadro en branco.

    • Cota íntegra

      Consignarase a Cota Íntegra correspondente á declaración do Imposto sobre o Patrimonio do cónxuxe (recadro 29)