4.3.6. Dedución por impostos satisfeitos no estranxeiro
No caso de obriga persoal de contribuír e sen prexuízo do que se dispoña nos Tratados ou Convenios Internacionais, da cota deste Imposto deducirase, por razón de bens que radiquen e dereitos que puidesen exercitarse ou tivesen que cumprirse fóra de España, a cantidade menor das dous seguintes:
-
O importe efectivo do satisfeito no estranxeiro por razón de gravame de carácter persoal que afecte os elementos patrimoniais computados no Imposto.
-
O resultado de aplicar o tipo medio efectivo de gravame, expresado con dous decimais, á parte de base liquidable gravada no estranxeiro.
Entenderase por tipo medio efectivo de gravame o resultado de multiplicar por 100 o cociente obtido de dividir a cota íntegra resultante da aplicación da escala pola base liquidable. O tipo medio efectivo de gravame expresarase con dous decimais.
A Comunidade Autónoma poderá establecer deducións neste imposto, que resultarán compatibles coas establecidas polo Estado, sen que poidan supor a súa modificación, aplicandose con posterioridade ás estatais.
Formalización
Para que o programa realice este cálculo, debe introducirse a través dunha xanela de captura de datos a seguinte información:
-
Importe efectivo satisfeito no estranxeiro
-
Valor neto dos bens gravados no estranxeiro
O valor neto óbténse restando ao valor deses bens as débedas deducibles correspondentes aos mesmos, así como a parte proporcional daqueloutras outras débedas que, sendo tamén deducibles, non estean vinculadas a ningún elemento patrimonial.
A dedución calcúlase de forma individual por cada elemento patrimonial situado no estranxeiro. O programa admite ata tres elementos distintos.