Saltar ao contido principal
Patrimonio 2022

4.1.6. Domicilio actual

En primeiro lugar deberá distinguir se reside ou non en territorio español.

  1. Residentes en territorio español

    Os datos relativos ao domicilio en territorio español deberán cubrirse a través da xanela de captura que se abre no recadro "tipo de vía ", en que deberá consignarse a seguinte información:

    • Tipo de vía pública: farase constar a denominación correspondente ao tipo ou clase de vía pública; rúa, praza, avenida, glorieta, paseo, estrada, baixada, costa, rambla, pasaxe, etc.

    • Nome da Vía pública: farase constar coa máxima precisión o nome completo da vía pública correspondente ao domicilio.

    • Tipo de numeración : deberá indicar o tipo de numeración; Número (NÚM), quilómetro (Km), sen número (S/N), Outros (OTR), etc.

    • Número:  deberá indicar o número da casa ou, se é o caso, o punto quilométrico.

    • Cualificador de número: se procede consigne tamén o dato que complete o número da casa; bis, duplicado (DUP), moderno (MOD), antigo (ANT), etc., ou o punto quilométrico (metros).

    • Bloque, portal, escaleira, planta, porta.

    • Datos complementarios do domicilio: se é o caso, faranse constar os datos adicionais que resulten necesarios para a completa identificación do domicilio como por exemplo: Urbanización, Edificio, Residencial; Polígono, etc.

    • Localidade / Poboación: deberá consignarse se o seu nome é distinto ao do Municipio.

    • Provincia: deberá seleccionarse da lista que se desprega neste recadro.

    • Código postal: indicarase o código postal asignada á vía pública do domicilio.

    • Municipio: consignarase o municipio concreto onde se acha o domicilio, ben directamente ou ben seleccionandoo da lista que se desprega neste recadro.

  2. Residentes no estranxeiro

     Deberá consignar todos os datos da súa residencia, así como indicar o código de país,. O programa abre un desdobrable con toda a relación de países posibles, no momento que se marque calquera deles , automaticamente consígnase o código alfabético de dous díxitos do país ou do territorio de que se trate.