4.2.9. I) Seguros de vida
Neste apartado deben declararse os seguros de vida contratados polo declarante, aínda que o beneficiario sexa un terceiro.
Valoración
Os seguros de vida con carácter xeral computaranse polo seu valor de rescate no momento da devindicación do Imposto, o devandito valor seralle facilitado pola Entidade aseguradora.
Non obstante, a partir do 11 de xullo de 2021 cando o tomador non ten a facultade de exercer o dereito de rescate total na data de devindicación, o seguro se omputará polo valor da provisión matemática na citada data na base impoñible do tomador. Esta regra non se aplica aos contratos de seguro temporal que unicamente inclúan prestacións no caso de falecemento ou invalidez ou outras garantías complementarias de risco.
Formalización
Seleccionará a clave que corresponda coa súa situación, e indicará a entidade aseguradora e a descrición.
Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.