Saltar ao contido principal
Patrimonio 2022

4.3.9.5. Comunidade Autónoma de Cataluña

  • Se entre os bens ou dereitos de contido económico computados para a determinación da base impoñible hai bens que forman  parte do patrimonio especialmente protexido ao abeiro da Lei 41/2003, do 18 de novembro, de protección patrimonial das persoas con discapacidade, o contribuínte residente na Comunidade Autónoma de Cataluña poderá aplicar unha bonificación do 99 %na parte da cota que proporcionalmente corresponda aos devanditos bens ou dereitos.

    A mesma bonificación é aplicable aos bens ou dereitos de contido económico que formen parte do patrimonio protexido constituído ao abeiro da Lei 25/2010 do Libro Segundo do Código Civil de Cataluña relativa á persoa e a familia.

  • O 95% na parte da cota que corresponda proporcionalmente ás propiedades forestais, desde que dispoñan dun instrumento de ordenación debidamente aprobado pola Administración forestal competente de Cataluña.