4.1.4. Complementaria
Se presenta declaración complementaria, marque cunha "X" o recadro reservado para ese fin e indique as cotas que hai que ingresar de anteriores autoliquidacións ou liquidacións administrativas do Imposto sobre o Patrimonio do exercicio 2023. Este modelo só debe utilizarse para presentar declaración complementaria correspondente ao exercicio 2023. O resultado da declaración complementaria será, en todo caso, unha cantidade a ingresar superior á resultante da declaración presentada con anterioridade.