4.2.10. J) Rendas temporais ou vitalicias
Neste apartado deben declararse as rendas temporais ou vitalicias constituídas como consecuencia da entrega dunha capital en diñeiro, bens mobles ou inmobles, cuxa titularidade corresponda ao declarante.
Valoración
A valoración das mesmas deberá realizarse, con carácter xeral, polo resultado de capitalizar a anualidade ao 3 %(tipo de xuro legal do diñeiro vixente na data da devindicación deste Imposto), e tomando do capital resultante aquela parte que, segundo as regras establecidas para valorar os usufrutos, corresponde á idade do rendeiro, se a renda é vitalicia, ou á duración da renda, se é temporal.
Cando o importe da renda non se cuantifique en unidades monetarias, a valoración obterase capitalizando a cantidade de 8.400,00 euros, importe do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM) para o ano 2023.
Como excepción, cando as rendas percibidas procedan dun seguro de vida, teñén quese computar polo valor establecido na regra de valoración prevista para os seguros de vida na base impoñible do perceptor.
Formalización
Abrirase unha xanela de captura de datos en que para cada renda debe indicarse:
-
A persoa ou entidade pagadora en que se constituíu
-
A descrición do seu carácter temporal ou vitalicio seleccionando a clave correspondente.
-
O importe da anualidade percibida no ano.
-
A valoración da renda conforme ás regras do Imposto indicado anteriormente e a clave correspondente á valoración empregada.
Se tivese que relacionar máis elementos que os contemplados no programa poderá declararos de maneira acumulada no último recadro. Neste caso só terá que cubrir os datos relativos á descrición e á valoración.