4.3.9.5.Comunidade Autónoma de Cantabria
Con posterioridade ás deducións e bonificacións reguladas pola normativa do Estado aplicarase, sobre a cota resultante, unha bonificación do 100 %da devandita cota.
Esta bonificación non será de aplicación cando o patrimonio neto do suxeito pasivo sexa superior a 3.000.000 de euros unha vez descontado o mínimo exento de 700.000 euros, mentres estea vixente o Imposto Temporal de Solidariedade de Grandes Fortunas.
No seu lugar, o contribuínte poderá aplicar unha bonificación autonómica determinada pola diferenza, se a houber, entre a total cota íntegra do propio imposto, unha vez aplicado o límite conxunto establecido no artigo 31 da Lei 19/1991, do 6 de xuño, e a total cota íntegra correspondente ao Imposto Temporal de Solidariedade das Grandes Fortunas, unha vez aplicado o límite conxunto establecido no artigo 3. Doce da Lei 38/2022, do 27 de decembro.
Formalización
-
Se o patrimonio neto do suxeito pasivo é igual ou inferior a 3.000.000 de euros unha vez descontado o mínimo exento de 700.000 euros o programa calculará o importe da bonificación autonómica.
-
No caso de que sexa superior, si desexa optar pola bonificación por diferenza entre a total cota íntegra do Imposto sobre o Patrimonio e a cota íntegra do ITSGF d eberá introducir o importe do recadro 200 do ITSGF na xanela de captura de datos que se abre desde o recadro 50. Con este dato o programa calculará a bonificación autonómica que corresponda.
Para facilitar ao contribuínte o cálculo do importe do recadro 200 estará habilitado proximamente o Open simulador do ITSGF . O programa de axuda á presentación estará dispoñible para a súa presentación desde o 1 de xullo do 2025.
Lembre que á hora de presentar o ITSGF deberá consignar no recadro 205 a cota xa ingresada polo IP (recadro 55).