Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

10.2.1.1 Tipos de certificado electrónico

Atendendo á normativa actual podemos diferenciar entre os seguintes certificados :

  • Certificado de persoa física maior de idade con NIF (non hai posibilidade de expedir certificados electrónicos a representantes de persoas físicas). Só poden ter un certificado en vigor emitido ao seu nome, non sendo que sexan de distintas entidades emisoras. A solicitude dun novo cos mesmos datos, revoga o anterior quedando inoperativo.

  • Certificado de representante de Persoas xurídicas. Expídese ás persoas físicas como representantes das persoas xurídicas.

  • Certificado de representante de Entidades sen personalidade xurídica.  Expídese ás persoas físicas como representantes  das entidades sen personalidade xurídica no ámbito tributario e outro previstos na lexislación vixente

  • Certificados AP (Administración Pública).

  • Certificado de Representante para Administrador Único ou Solidario. Expídese aos administradores únicos ou solidarios como representantes legais das persoas xurídicas. Se o representante legal, administrador único ou solidario, dispón dun certificado de persoa física da FNMT -RCM ou un DNIE, pódese obter o certificado de administrador único ou solidario sen ter que comparecerse nunha oficina de rexistro, identificandose a través de Internet.

Na FNMT, os certificados de representante de persoa xurídica terán un custo de 14 € e os de administrador único ou solidario de 24 €, impostos non incluídos.

Atendendo ao soporte do certificado:

  • Certificado software : é un ficheiro software, que non ten soporte físico algún máis que o propio ordenador ou servidor onde se instala.

  • Certificado de tarxeta : encóntrase aloxado nunha tarxeta.