Saltar ao contido principal
Manual de actividades económicas. Obrigas fiscais de empresarios e profesionais residentes en territorio español

10.2.3.1 Rexistro en Cl@ve

Cómpre darse de alta no sistema por calquera das seguintes vías:

  • Por Internet en https://sede.agenciatributaria.gob.es/Sede/gl_es/clave.html con:

    • Certificado ou DNI electrónico.

    • Videochamada desde un ordenador con cámara, micrófono e altofalantes ou dispositivo móbil.

    • CSV (Código Seguro de Verificación) que figura na carta de invitación ao sistema que se recibe da AEAT (se non se recibiu a carta pode solicitara).

  • Persoalmente nunha das oficinas da Axencia Tributaria ou das acreditadas no sistema Cl@ve do resto da Administración. Para iso solicite cita por Internet ou chamando ao 91 333 53 33, de 9 a 19 horas, de luns a venres.

Para realizar a solicitude necesitará o seu DNI e a data de validez, DNI permanente e a data de expedición ou NIE e o número de soporte do documento, así como un número de teléfono móbil (nacional ou estranxeiro da súa titularidade) e unha conta de correo electrónico (opcional).