Declaración das rendas inmobiliarias imputadas
No apartado "C" da declaración deben relacionarse todos os datos relativos aos inmobles a disposición dos seus propietarios ou usufrutuarios nalgún momento do exercicio, xa ostenten a titularidade sobre os mesmos de forma directa (propiedade ou usufruto) ou como consecuencia da súa participación nunha entidade en réxime de atribución de rendas, con excepción dos solares sen edificar e os que non sexan susceptibles de uso por razóns urbanísticas. A renda inmobiliaria imputada correspondente a cada un dos inmobles farase constar no recadro [0089].