Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Normas específicas de valoración

Nestes supostos de transmisións de elementos patrimoniais a cambio dunha renda temporal ou vitalicia, a ganancia ou perda patrimonial determinarase por diferenza entre os seguintes valores:

  • Valor actual financeiro actuarial da renda.
  • Valor de adquisición dos elementos patrimoniais transmitidos.

Importante : se o elemento patrimonial transmitido é a vivenda habitual e o transmitente da mesma é maior de 65 anos ou unha persoa en situación de dependencia severa ou gran dependencia, a ganancia patrimonial que poida derivarse desta operación está exenta do IRPF

Elementos patrimoniais adquiridos antes do 31 de decembro de 1994

Neste suposto, se se obtén unha ganancia patrimonial, deberá distinguirse a parte da ganancia patrimonial que se xerase con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 (única sobre a que resultarán aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento) da xerada con posterioridade á devandita data sobre a que non resultan aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento.

A determinación da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 e a aplicación, se é o caso, dos coeficientes redutores  efectuarase de acordo coas regras de distribución comentadas neste mesmo Capítulo.