Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Transmisión de accións ou participacións adquiridas antes do 31 de decembro de 1994

Neste suposto, se se obtén unha ganancia patrimonial, deberá distinguirse a parte da ganancia patrimonial que se xerase con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 (única sobre a que resultan aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento) da xerada con posterioridade á devandita data sobre a que non resultan aplicables os coeficientes redutores ou de abatemento.

A determinación da ganancia patrimonial xerada con anterioridade a 20 de xaneiro de 2006 e a aplicación, se é o caso, dos coeficientes redutores efectuarase de acordo coa regra especial  comentada neste mesmo Capítulo.

No caso de dereitos de subscrición tomarase como período de permanencia o que corresponda aos valores dos que procedan. Cando non se transmitisen a totalidade dos dereitos de subscrición, entenderase que os transmitidos corresponderon aos valores adquiridos en primeiro lugar.