Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Especialidade no tratamento das anualidades por alimentos a favor dos fillos

Normativa: Arts. 64 e 75 Lei do    IRPF

Os contribuíntes que satisfixesen no exercicio 2019 anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial sen dereito á aplicación por estes últimos do   mínimo por descendentes previstos no artigo 58 da Lei do IRPF, cando o importe das mesmas sexa inferior á base liquidable xeral, determinarán as cotas correspondentes á base liquidable xeral de acordo co seguinte procedemento:

Teñase en conta que a partir das modificacións introducidas pola Lei 15/2015, do 2 de xullo, da Xurisdición Voluntaria, o réxime establecido nos artigos 64 e 75 da Lei do IRPF para as anualidades por alimentos a favor dos fillos satisfeitas por decisión xudicial, esténdese ás acordadas no convenio regulador formulado polo cónxuxes ante o secretario xudicial ou en escritura pública ante Notario, a que se refire o artigo 87 do Código Civil, teña ou non carácter obrigatorio a súa inclusión.

  1. O importe das anualidades por alimentos debe diferenciarse do resto da base liquidable xeral, obtendose deste xeito dúas bases para a aplicación das escalas de gravame:

    • Base "A": importe da anualidade por alimentos.
    • Base "B": resto da base liquidable xeral.
  2. A cada unha das citadas bases se lle aplicará, na parte estatal, a escala de gravame xeral para 2019 e, na parte autonómica, a escala autonómica que corresponda. Como consecuencia da devandita aplicación, obtéñense para a base "A" unha cota 1 e unha cota 2, e para a base "B" unha cota 3 e unha cota 4.

  3. Suma das cotas xerais e das autonómicas obtidas na fase anterior para determinar a cota xeral estatal e a cota xeral autonómica. A devandita suma é a seguinte:

    • Cota xeral estatal (cota 5) = cota 1 + cota 3
    • Cota xeral autonómica (cota 6) = cota 2 + cota 4
  4. Aplicación das escalas de gravame xeral e autonómico, á parte de base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar incrementado en 1980 euros anuais. Como resultado desta operación, obtéñense a cota 7 (cota xeral estatal) e a cota 8 (cota autonómica).

  5. Minoración das cotas 5 e 6 determinadas no paso 3º anterior no importe das cotas 7 e 8, sen que poidan resultar negativas como consecuencia da devandita minoración.
    • Cota xeral estatal = cota 5 − cota 7.
    • Cota xeral autonómica = cota 6 − cota 8.

Atención: os contribuíntes que satisfagan anualidades por alimentos aos seus fillos por decisión xudicial aplicarán a escala xeral de gravame separadamente ás anualidades por alimentos do resto da base liquidable xeral, desde que non convivan co fillo e non optasen pola aplicación do mínimo por descendentes deses fillos.