Por contribuíntes con dous ou máis descendentes
Normativa: Art. 4.Un.t) da Lei 13/1997, do 23 de decembro, pola que se regula o tramo autonómico do imposto sobre a renda das persoas físicas e restantes tributos cedidos.
Contía da dedución
O 10 por 100 do importe da cota íntegra autonómica, en tributación individual ou conxunta, unha vez deducida da mesma as minoracións para determinar a cota líquida autonómica, excluída a presente dedución, ás que se refire a normativa estatal reguladora do IRPF.
O citado importe determínase restando da cota íntegra autonómica, recadro [0546] da declaración, os importes consignados nos recadros [0548], [0551], [0553], [0555], [0557], [0559], [0561] e [0563], correspondentes á parte autonómica das deducións xerais de normativa estatal, así como o importe das deducións autonómicas, recadro [0564], excluída a presente dedución e recadro [0566] correspondente á nova dedución aplicable ás unidades familiares formadas por residentes fiscais en Estados membros da Unión Europea ou do Espazo Económico Europeo.
Requisitos para a aplicación da dedución
-
Que os descendentes xeren a favor do contribuínte o dereito á aplicación do correspondente mínimo por descendentes establecidos pola normativa estatal reguladora do IRPF.
-
Que a suma das seguintes bases impoñibles, xeral e do aforro , recadros [0435] e [0460] da declaración , non sexa superior a 24.000 euros :
-
As dos contribuíntes que teñan dereito, polos mesmos descendentes, á aplicación do mínimo por descendentes.
-
As dos propios descendentes que dan dereito ao citado mínimo.
-
As de todos os membros da unidade familiar que tributen conxuntamente co contribuínte e que non se encontren incluídos nas dúas letras anteriores.
-