Anualidades por alimentos a favor dos fillos
Normativa: Art. 7.k) Lei IRPF
Están exentas as cantidades percibidas polos fillos dos seus pais en concepto de anualidades por alimentos en virtude de decisión xudicial.
Estas cantidades tributan, polo tanto, no pagador, sen que este poida reducir a súa base impoñible no importe das mesmas. Non obstante, o contribuínte que satisfaga este tipo de prestacións, sen dereito á aplicación do mínimo por descendentes previstos no artigo 58 da Lei do IRPF, cando o seu importe sexa inferior á base liquidable xeral, aplicará as escalas do imposto separadamente ao importe das anualidades por alimentos aos fillos e ao resto da base liquidable xeral.
Véxase, dentro do Capítulo 15 un exemplo en que se detallan as operacións de liquidación nestes supostos.
Atención: a partir das modificacións introducidas no artigo 87 do Código Civil pola disposición final primeira da Lei 15/2015, do 2 de xullo, da Xurisdición Voluntaria, a exención das cantidades percibidas por "anualidades por alimentos percibidos dos pais en virtude de decisión xudicial", en caso de divorcio, debe estenderse tamén ás acordadas no convenio regulador formulado polo cónxuxes ante o secretario xudicial ou en escritura pública ante notario, teña ou non carácter obrigatorio a súa inclusión.