Indemnizacións satisfeitas polas Administracións Públicas por danos persoais
Normativa: Art. 7.q) Lei IRPF
Están exentas as indemnizacións satisfeitas polas Administracións Publicas por danos persoais como consecuencia do funcionamento dos servizos públicos, cando veñan establecidas de acordo cos procedementos previstos no Real decreto 429/1993, do 26 de marzo, polo que se aproba o Regulamento dos procedementos das Administracións públicas en materia de responsabilidade patrimonial (BOE do 4 de maio e 8 de xuño) ata o 1 de outubro de 2016, e con posterioridade a esa data polos artigos 91 e 92 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE do día 2) e aos artigos 32 a 35 da Lei 40/2015, do 1 de outubro, de Réxime Xurídico do Sector Público (BOE do día 2).
Nota:a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas (BOE do 2 de outubro), derrogou con efectos do 2 de outubro de 2016 o Real decreto 429/1993, do 26 de marzo.
Importante: os intereses indemnizatorios polo atraso no pagamento correspondente a unha indemnización exenta encóntranse tamén exentos de acordo co que se dispón no artigo 7 da Lei do IRPF. A razón é que os intereses fixados, en canto obriga accesoria, teñen que ter a mesma consideración que o concepto principal de que deriven e cualificarse, nestes supostos, como ganancias patrimoniais exenta. Véxase ao respecto a Resolución do Tribunal Económico-administrativo Central (TEAC), do 10 de maio de 2018, en unificación de criterio.