En xeral
Entre as rendas non sometidas ao IRPF poden citarse as seguintes:
As rendas que se encontren suxeitas ao Imposto sobre Sucesións e Doazóns
Normativa: Art. 6.4 Lei IRPF
Estas rendas están constituídas polas ganancias patrimoniais que se producen na persoa que recibe cantidades, bens ou dereitos por herdanza, legado ou doazón ou por ser beneficiarios de contratos de seguros sobre a vida, cando o contratante sexa persoa distinta do beneficiario, agás nos supostos en que por expresa disposición legal as cantidades percibidas dos devanditos seguros teñen a consideración de rendementos do traballo.
As ganancias ou perdas patrimoniais postas de manifesto nos supostos relacionados no artigo 33.3 da Lei do IRPF.
Os supostos en que, por expresa disposición leg