Funcionarios e empregados con destino no estranxeiro
Nos termos establecidos no artigo 9.A.3.b) do Regulamento do IRPF, ten a consideración de dieta exceptuada de gravame o exceso que perciban sobre as retribucións totais que obterían, no suposto de acharse destinados en España, as seguintes persoas con destino no estranxeiro, sempre que sexan contribuíntes polo IRPF.
- Funcionarios públicos españois.
- Persoal ao servizo da Administración do Estado.
- Funcionarios e persoal ao servizo doutras Administracións Públicas.
- Empregados de empresas con destino no estranxeiro.
Importante : nestes supostos non se esixe o requisito de que o desprazamento e permanencia non sexa por un período continuado superior a nove meses. Así mesmo, a aplicación deste réxime de dietas exceptuadas de gravame é incompatible coa exención para os rendementos percibidos por traballos realizados no estranxeiro.
O contribuínte poderá optar pola aplicación deste réxime de excesos en substitución da exención para os rendementos percibidos por traballos efectivamente realizados no estranxeiro que se comenta no Capítulo 2.