Individualización dos rendementos do traballo
De acordo co que se dispón no artigo 11.2 da Lei do IRPF, os rendementos do traballo corresponden exclusivamente á persoa que, co seu traballo, xerase o dereito a percibiros.
Non obstante, as pensións, haberes pasivos e demais prestacións percibidas dos sistemas de previsión social corresponderán integramente á persoa en cuxo favor estean recoñecidos.