Cantidades destinadas á amortización
Normativa: Arts. 23.1 b) Lei IRPF e 13 h) e 14 Regulamento
Teñen a consideración de gastos deducibles as cantidades destinadas á amortización do inmoble e dos demais bens cedidos co mesmo, sempre que respondan á súa depreciación efectiva.
-
Bens inmobles
Tratandose de bens inmobles considerarase que as amortizacións cumpren o requisito de efectividade cando, en cada ano, non excedan do resultado de aplicar a porcentaxe do 3 por 100 sobre o maior dos seguintes valores.
- Custo de adquisición satisfeita, incluídos os gastos e tributos inherentes á adquisición (notaría, rexistro, IVE non deducible, Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, gastos de axencia, etc.) sen incluír no cómputo o valor do solo, así como o custo dos investimentos e melloras efectuadas nos bens adquiridos.
Nas adquisicións de inmobles por herdanza ou doazón, só terá a consideración de "custo de adquisición satisfeita" a parte dos gastos e tributos inherentes á adquisición que corresponda á construción e, se é o caso, a totalidade dos investimentos e melloras efectuadas.
- Valor catastral, excluído o valor do solo.
Cando non se coñeza o valor do solo, este calcularase rateando o custo de adquisición satisfeito entre os valores catastrais do solo e da construción de cada ano reflectido no correspondente recibo do Imposto sobre Bens Inmobles (IBI).
Límite da amortización acumulada dos inmobles
O límite da amortización acumulada será o valor de adquisición do inmoble xerador dos rendementos. Polo tanto:
- No caso de bens adquiridos a título oneroso, a amortización acumulada non poderá superar o custo de adquisición do inmoble, que se corresponde co seu valor de adquisición conforme ao artigo 35 da Lei do IRPF (excluído do cómputo o valor do solo).
- No caso dos inmobles adquiridos a título lucrativo, o límite da amortización acumulada, en cómputo global, non poderá superar o valor de adquisición nos termos do artigo 36 da Lei de IRPF, e excluído do cómputo o valor do solo.
Exemplo:
Don R.R.R. adquiriu por herdanza un inmoble cuxo valor atribuído na liquidación do Imposto sobre Sucesións e Doazóns (ISD) e que consta na escritura pública de adxudicación de herdanza foi de 100.000 euros.
Os gastos e tributos inherentes á adquisición (notaria, rexistro, ISD) ascenden a 2000 euros.
O valor catastral do inmoble herdado: 80.000 euros.
A porcentaxe que representa o valor do solo con respecto ao valor total do inmoble é do 20 por 100.
Unha vez herdado, o inmoble destinouse ao arrendamento a terceiros.
Calcular a amortización que corresponde a un ben inmoble que se encontra alugado e o límite de amortización acumulada deducible.
Solución:
- Cálculo da amortización .
Tomarase para o cálculo da amortización o maior dos seguintes valores
- Custo de adquisición satisfeita: (80% s/2000): 1.600
- Valor catastral excluído o valor do solo: (80% s/ 80.000): 64.000
O importe da amortización deducible como gasto para determinar o rendemento de capital inmobiliario será resultado de aplicar a porcentaxe do 3 por 100 sobre o maior dos valores anteriores neste caso o valor catastral excluído o valor do solo.
Polo tanto, neste caso o importe da amortización deducible será o 3% s/64.000 euros= 1.920,00 euros
- Límite amortización acumulada.
O contribuínte poderá amortizar o inmoble ata que o importe da amortización acumulada alcance o valor do inmoble para os efectos do ISD (excluíndo do cómputo o valor do solo), isto é, 80% x (100.000 + 2000) = 81.600 euros.
- Custo de adquisición satisfeita, incluídos os gastos e tributos inherentes á adquisición (notaría, rexistro, IVE non deducible, Imposto sobre Transmisións Patrimoniais e Actos Xurídicos Documentados, gastos de axencia, etc.) sen incluír no cómputo o valor do solo, así como o custo dos investimentos e melloras efectuadas nos bens adquiridos.
-
Bens de natureza mobiliaria cedidos conxuntamente co inmoble
Serán amortizables sempre que sexan susceptibles de utilización por un período de tempo superior a un ano.
Entenderase que a amortización anual deducible por cada un dos bens cedidos cumpre o requisito de efectividade, cando o seu importe non exceda do resultado de aplicar aos seus respectivos custos de adquisición satisfeita os coeficientes de amortización que lle corresponda de acordo coa táboa de amortizacións simplificada aprobada por Orde do 27 de marzo de 1998.
Dentro desta táboa recóllese, entre outros, o seguinte coeficiente máximo de amortización: Instalacións, mobiliario e efectos: 10 por 100.
-
Dereitos ou facultades de uso ou gozo sobre bens inmobles
Serán amortizables sempre que a súa adquisición supuxese un custo para o contribuínte. Nestes casos é preciso distinguir:
- Se o dereito ou facultade ten prazo de duración determinada, a amortización anual deducible será a que resulte de dividir o custo de adquisición satisfeito entre o número de anos de duración do mesmo.
- Se o dereito ou facultade fose vitalicio, a amortización computable será o resultado de aplicar o coeficiente do 3 por 100 sobre o custo de adquisición satisfeita.
En ambos os dous casos, o importe das amortizacións deducibles no exercicio non poderá superar a contía dos rendementos íntegros derivados de cada dereito.
Importante: no suposto de que o inmoble non estivese arrendado durante todo o ano, a amortización deducible, os intereses e demais gastos de financiamento, os gastos en primas de seguros, comunidade, Imposto sobre Bens Inmobles, subministracións etc., serán os que correspondan ao número de días do ano en que o inmoble estivo arrendado.
Nos períodos en que o inmoble non estivese arrendado deberase imputar como renda inmobiliaria a cantidade que resulte de aplicar o 2 por 100 ou o 1,1 por 100, segundo proceda, ao valor catastral do inmoble, que proporcionalmente corresponda ao número de días comprendidos no devandito período, de acordo co previsto no artigo 85 da Lei do IRPF.