Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Liberdade de amortización en elementos novos do activo material fixo. Réxime transitorio para as cantidades pendentes de aplicar a 31 de marzo de 2012

Normativa: disposición adicional  trixésima LIRPF e disposición transitoria décimo terceira LIS

Ámbito de aplicación 

O réxime transitorio é aplicable polos contribuíntes do IRPF que a 31 de marzo de 2012  tivesen cantidades pendentes de aplicar polos seguintes investimentos que gozasen da  liberdade  de amortización da disposición adicional undécima do texto refundido da LIS : 

  • Investimentos realizados nos anos 2009 e 2010 ás que resulte aplicable a liberdade de  amortización con mantemento de emprego da disposición adicional undécima do   texto refundido da LIS , segundo redacción dada polo Real Decreto-lei 6/2010, do 9 de  abril, de medidas para o impulso da recuperación económica e o emprego (BOE do 13). 
  • Investimentos realizados desde o 1 de xaneiro de 2011 ata o 30 de marzo de 2012 ás  que resulte aplicable a liberdade de amortización sen mantemento de emprego da  disposición adicional undécima do texto refundido da LIS , segundo redacción dada polo  Real Decreto-lei 13/2010, do 3 de decembro, de actuacións no ámbito fiscal, laboral e  liberalizadoras para fomentar o investimento e a creación de emprego (BOE do 3). Este último réxime de liberdade de amortización tamén era aplicable aos investimentos realizados  entre o 3 de decembro de 2010 e o 31 de decembro de 2010 cando a entidade non cumprise  co requisito de mantemento do emprego.

Contido do réxime transitorio 

Os contribuíntes que, a 31 de marzo de 2012, non amortizasen na súa totalidade  o investimento realizado por este concepto poderán seguir aplicando as cantidades que teña  pendentes nas condicións e cos requisitos establecidos pola disposición adicional  undécima do texto refundido da LIS , segundo redacción dada por Real Decreto-lei 6/2010,  do 9 de abril e polo Real Decreto-lei 13/2010. 

Límite na aplicación das cantidades pendentes

As cantidades pendentes de amortizar poderán aplicarse co límite do rendemento neto  positivo da actividade económica á que se afectasen os elementos patrimoniais  previos á dedución das cantidades pendentes e, se é o caso, á minoración do 5 por  100 por provisións e gastos de difícil xustificación prevista para a modalidade simplificada de  estimación directa. 

Importante : este límite tamén resulta aplicable aos investimentos realizados ata  o 31 de marzo de 2012 que correspondan a elementos novos encargados en virtude de  contratos de execución de obras ou proxectos de investimento cuxo período de execución, en  ambos os dous casos, requira un prazo superior a dous anos entre a data de encargo ou inicio do  investimento  e a data da súa posta a disposición ou en funcionamento, ás que resulte de  aplicación calquera dos réximes da liberdade de amortización da disposición  adicional undécima do texto refundido da LIS . 

Consecuencias de aplicación da liberdade de amortización na transmisión de elementos  patrimoniais 

A transmisión en 2019 de elementos patrimoniais que gozasen da liberdade de  amortización da disposición adicional undécima do texto refundido da LIS , ten dúas  consecuencias:

  1. No cálculo da ganancia ou perda patrimonial, o valor de adquisición non se minorará no importe das amortizacións fiscalmente deducidas que excedan das que foran fiscalmente deducibles de non terse aplicado a liberdade de amortización.

    En relación co cálculo da ganancia ou perda patrimonial de elementos afectos  á actividade véxase o Capítulo 11.

  2. O exceso entre o importe das amortizacións fiscalmente deducidas e o importe das amortizacións que foran fiscalmente deducibles de non se ter aplicado aquela terá, para o transmitente, a consideración de rendemento íntegro da actividade económica no período impositivo en que se efectúe a transmisión.

    Véxase dentro do apartado "Ingresos íntegros computables" o que se indica sobre a transmisión elementos patrimoniais que gozasen liberdade amortización  neste  Capítulo 7 e a disposición adicional trixésima da Lei do IRPF.