Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Compra de existencias (mercadorías e materias primas)

Dentro desta categoría recóllense as adquisicións correntes de bens efectuados a terceiros, sempre que  cumpran os dous seguintes requisitos:

  1. Que se realicen para a obtención dos ingresos. 
  2. Que se trate de bens integrantes do activo corrente.

No prezo de adquisición deben incluírse os gastos adicionais, tales como os de transportes, seguro, carga e descarga e outros atribuíbles directamente á adquisición.

O devandito prezo é o importe facturado polo vendedor (despois de calquera desconto, rebaixa no prezo ou similar, así como os intereses incorporados ao nominal dos débitos), onde se incluirán os gastos adicionais que se produzan ata que os bens estean situados para a súa venda (transportes, aranceis, seguros...).