Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Outros gastos fiscalmente deducibles (agás provisións)

Ademais dos comentados, tamén poderán deducirse dentro deste concepto os demais gastos que, tendo o carácter de fiscalmente deducibles, non figuren expresamente recollidos nas  anteriores  rúbricas. A título de exemplo, poden citarse, entre outros, os seguintes, sempre que  exista unha axeitada correlación cos ingresos da actividade.

  1. Adquisición de libros, subscrición a revistas profesionais e adquisición de instrumentos  non amortizables, sempre que teñan relación directa coa actividade.
  2. Gastos de asistencia a cursos, conferencias, congresos, etc., relacionados coa actividade.
  3. Determinadas cotas satisfeitas polo empresario ou profesional a corporacións, cámaras  e asociacións empresariais legalmente constituídas.