Fase 2ª. Determinación do rendemento neto reducido
Para determinar rendemento neto reducido aplicásese sobre o rendemento neto calculado de acordo co indicado na Fase anterior a seguinte redución:
Redución por rendementos con período de xeración superior a dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular
Normativa: Arts. 32.1 Lei IRPF e 25 Regulamento
Ao rendemento neto determinado conforme á fase anterior poderá aplicarse cando proceder a redución por rendementos con período de xeración superior a dous anos ou obtidos de forma notoriamente irregular cuxos aspectos máis destacados son os seguintes:
-
Rendementos aos que se aplica
Reduciranse nun 30 por 100 os seguintes rendementos:
- Rendementos netos cuxo período de xeración sexa superior a dous anos, sempre que se imputen a un único período impositivo.
- Rendementos netos obtidos de forma notoriamente irregular no tempo.
Considéranse rendementos de actividades económicas obtidos de forma notoriamente irregular no tempo, exclusivamente, os seguintes, cando se imputen nun único período impositivo :
- Subvencións de capital para a adquisición de elementos do inmobilizado non amortizables.
- Indemnizacións e axudas por cesamento de actividades económicas.
- Premios literarios, artísticos ou científicos que non gocen de exención neste imposto. Non se consideran premios, para estes fins, as contraprestacións económicas derivadas da cesión de dereitos de propiedade intelectual ou industrial ou que substitúan a estas.
- Indemnizacións percibidas en substitución de dereitos económicos de duración indefinida.
-
Importe máximo do rendemento ao que se aplica a redución
A contía do rendemento neto sobre a que se aplicará a redución do 30 por 100 non poderá superar o importe de 300.000 euros anuais.
No caso de que se obteñan varios rendementos irregulares da mesma natureza, e que o seu importe supere o límite de 300.000 euros de contía máxima sobre a que aplicar a redución do 30 por 100, a redución máxima distribuirase proporcionalmente entre todos os rendementos desa natureza.
Importante : non resultará de aplicación esta redución a aqueles rendementos que, aínda cando individualmente puidesen derivar de actuacións desenvolvidas ao longo dun período que cumprise os requisitos anteriormente indicados, procedan do exercicio dunha actividade económica que de forma regular ou habitual obteña este tipo de rendementos.
-
Rendementos percibidos de forma fraccionada antes do 1 de xaneiro de 2015: Réxime transitorio
Normativa: Disposición transitoria vixésimo quinta.3 Lei IRPF
Os rendementos que se viñesen percibindo de forma fraccionada con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 con dereito á aplicación da redución do artigo 32.1 da Lei do IRPF na súa redacción en vigor a 31 de decembro de 2014, poderán aplicar a redución actual do 30 por 100 co límite da base máxima de redución de 300.000 euros, a cada unha das fraccións que se imputen a partir do 1 de xaneiro de 2015, sempre que o cociente resultante de dividir o número de anos de xeración, computados de data a data, entre o número de períodos impositivos de fraccionamento, sexa superior a dous.
Non obstante, cando se trate de rendementos derivados de compromisos adquiridos con anterioridade a 1 de xaneiro de 2015 que tivesen previsto o inicio da súa percepción de forma fraccionada en períodos impositivos que se inicien a partir da devandita data, a substitución da forma de percepción inicialmente acordada pola súa percepción nun único período impositivo non alterará o inicio do período de xeración do rendemento.