Actividades independentes e operacións accesorias
A determinación das operacións económicas incluídas en cada actividade anteriormente relacionada deberá efectuarse de acordo coas normas do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE).
Así mesmo, comprenderanse en cada actividade as operacións económicas que se desenvolvan con carácter accesorio á actividade principal. Ten a consideración de actividade accesoria á actividade principal aquela cuxo volume de ingresos non supere o 40 por 100 do volume correspondente á actividade principal. Para o cómputo da magnitude máxima de exclusión deberán terse en conta as persoas empregadas ou vehículos ou bateas que se utilicen para o desenvolvemento da actividade principal e de calquera actividade accesoria incluída no método de estimación obxectiva.
As actividades económicas accesorias que se entendan comprendidas en cada unha das actividades incluídas no método de estimación obxectiva indícanse na rública "Nota" do Apéndice "Rendementos anuais por unidade de módulo antes de amortización aplicable no exercicio 2019", que se reproduce neste mesmo Capítulo.