Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Fase 1ª: Determinación do rendemento neto previo

O rendemento neto previo da actividade está constituído pola suma dos produtos obtidos de multiplicar o número de unidades empregadas, utilizadas ou instaladas na actividade de cada un dos módulos, polo rendemento anual antes de amortización asignada a cada unidade de módulo.

Os rendementos anuais por unidade de módulo antes de amortización aplicable en 2019 a cada unha das actividades incluídas no método de estimación obxectiva reprodúcense como apéndice ao finaldel presente Capítulo.

Polo tanto,  para a determinación do rendemento neto previo hai que ter en conta:

  1. Cuantificación do número de unidades empregadas, utilizadas ou instaladas na actividade dos distintos signos ou módulos
  2. Rendemento anual por unidade de módulo antes de amortización