Deducións da cota íntegra
Por incentivos e estímulos ao investimento empresarial en actividades económicas en estimación directa
-
Inclúense novas deducións no ámbito empresarial vinculadas a determinados acontecementos de excepcional interese público aprobadas na Lei de orzamentos xerais do Estado para o ano 2018 que iniciaron a súa vixencia durante o exercicio 2019.
-
Deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial da Lei do Imposto sobre Sociedades
Para a aplicación das deducións por creación de emprego o artigo 37 da LIS esixe que a contratación se realice a través dun contrato de traballo por tempo indefinido de apoio aos emprendedores, definido no artigo 4 da Lei 3/2012, do 6 de xullo, de Medidas Urxentes para a Reforma do Mercado Laboral.Agora ben, estes contratos foron suprimidos, con efectos dende o 1 de xaneiro de 2019, polo Real decreto lei 28/2018 do 28 de decembro, para a revalorización das pensións públicas e outras medidas urxentes en materia social, laboral e de emprego, que mantén, non obstante, a validez daqueles contratos que se asinasen con anterioridade á devandita data (1 de xaneiro de 2019), ao abeiro da normativa vixente no momento da súa formalización, e a dos seus correspondentes incentivos.
Como consecuencia do anterior, as deducións por creación de emprego do artigo 37 do LIS só poderán aplicarse ás contratacións realizadas través de contratos de traballo por tempo indefinido de apoio aos emprendedores que se formalizasen antes do 1 de xaneiro de 2019.
-
Réximes especiais de dedución para actividades económicas realizadas en Canarias.
A Lei 8/2018, do 5 de novembro, pola que se modifica a Lei 19/1994, do 6 de xullo, de modificación do Réxime Económico e Fiscal das Canarias (BOE do 6) introduciu, con efectos desde o 7 de novembro de 2018, as seguintes novidades
Reserva para investimentos en Canarias
Introdúcense modificacións no artigo 27 da Lei 19/1994 que regula a Reserva para investimentos en Canarias.
Deducións para investimentos en Canarias.
- Elévanse os límites de gastos da dedución por investimentos en producións cinematográficas, series audiovisuais e espectáculos en vivo de artes escénicas e musicais realizadas en Canarias.
- Nas illas de La Palma, La Gomera e El Hierro, elévase o límite máximo sobre a cota que se establece para a aplicación en Canarias do conxunto de deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial en actividades económicas, sempre que a normativa comunitaria de axudas do Estado así o permita e se trate de investimentos contemplados na Lei 2/2016, de 27 de setembro e demais leis de medidas para a ordenación da actividade económica destas illas.
- Engádese un novo artigo 94 bis, na Lei 20/1991, do 7 de xuño, de modificación dos aspectos fiscais do Réxime Económico Fiscal de Canarias, que establece que as entidades que contraten un traballador para realizar a súa actividade en Canarias terán dereito ao gozo dos beneficios fiscais que por creación de emprego se establezan pola normativa fiscal conforme os requisitos que nela se determinen, incrementándoos nun 30 por 100.