Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2019.

Rendemento de actividades económicas

Actividades económicas en estimación obxectiva

  • A Orde HAC/1264/2018, do 27 de novembro, mantén para o exercicio 2019 a contía dos signos, índices ou módulos do exercicio anterior.
  • Modifícase a disposición transitoria trixésimo segunda da Lei do IRPF para estender ao exercicio 2019 a aplicación dos mesmos límites cuantitativos excluíntes do método de estimación obxectiva fixados para os exercicios 2016, 2017 e 2018: tanto os relativos ao volume de rendementos íntegros no ano inmediato anterior derivado do exercicio de actividades económicas (250.000 euros para o conxunto de actividades económicas, agás as agrícolas, gandeiras e forestais e 125.000 euros para as operacións en que exista obriga de expedir factura cando o destinatario sexa empresario) como ao volume de compras en bens e servizos (250.000 euros, excluídas as adquisicións de inmobilizado)
  • Para actividades agrícolas, gandeiras e forestais aplícase o límite excluínte previsto no artigo 31 da Lei do IRPF para o volume de rendementos íntegros no ano inmediato anterior (250.000 euros anuais, para o conxunto das súas actividades agrícolas, gandeiras e forestais desenvolvidas polo contribuínte) e, para o volume de compras en bens e servizos, a cantidade de 250.000 euros, excluídas as adquisicións de inmobilizado, prevista na disposición transitoria trixésimo segunda na Lei do IRPF e cuxa aplicación se amplía ao exercicio 2019
  • Mánténse a redución xeral do 5 por 100 e a redución do 20 por 100 do rendemento neto para actividades económicas desenvolvidas no termo municipal en Lorca (Murcia)

Obrigas contables e rexistrais

Ata o 2018 os contribuíntes que levaban a contabilidade de acordo ao previsto no Código de Comercio non estaban obrigados a levar libros rexistros.

A partir do 1 de xaneiro de 2019 esta excepción desaparece agás para os contribuíntes que desenvolvan actividades empresariais cuxo rendemento se determine na modalidade normal do método de estimación directa. O resto de contribuíntes do IRPF que realicen actividades económicas están obrigados desde o 1 de xaneiro de 2019 a levar os libros rexistros que en cada caso determina a normativa do IRPF, aínda cando leven contabilidade axustada ao que se dispón no Código de Comercio.