Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Ganancias ou perdas patrimoniais procedentes de exercicios anteriores

As ganancias patrimoniais procedentes de exercicios anteriores que, por aplicación dos criterios especiais de imputación temporal, deban declararse no presente exercicio atribuiranse conforme ás regras de individualización anteriormente comentadas.

A compensación do saldo neto negativo de ganancias e perdas patrimoniais de 2016 a 2019 efectuarase da forma seguinte:

  1. En tributación individual, a compensación deberá realizarse polo contribuínte a quen correspondan, conforme ás normas de individualización anteriormente comentadas.
  2. En tributación conxunta, a compensación deberá realizarse na declaración, calquera que sexa o membro da unidade familiar a quen correspondan.

Os mesmos conceptos determinados en tributación conxunta serán compensables exclusivamente, en caso de tributación individual posterior, por aqueles contribuíntes aos cales correspondan de acordo coas regras sobre individualización destas rendas anteriormente comentadas.