Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Regras de integración e compensación en tributación conxunta

En tributación conxunta serán compensables conforme ás normas anteriormente comentadas, as partidas negativas realizadas e non compensadas a 1 de xaneiro de 2020 polos contribuíntes compoñentes da unidade familiar, mesmo aínda que deriven de períodos impositivos anteriores en que tributasen individualmente.

As partidas negativas determinadas en tributación conxunta serán compensables exclusivamente en caso de tributación individual posterior por aqueles contribuíntes aos cales correspondan de acordo coas regras de individualización de rendas contidas na Lei do imposto.