Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Gravame da base liquidable do aforro

Normativa:Arts.66.2 Lei  IRPF

Á base liquidable do aforro aplicaránselle os tipos que se indican na seguinte escala:

Base liquidable ata (euros)Incremento en cota íntegra estatal (euros)Resto base liquidable do aforro ata (euros)Tipo aplicable (%)
0 0 6.000 19
6.000,00 1.140 44.000 21
50.000,00 10.380 En diante 23

A contía resultante minorarase no importe derivado de aplicar a parte da base liquidable do aforro correspondente ao mínimo persoal e familiar, a escala anterior.

Importante: o remanente do mínimo persoal e familiar non aplicado na base liquidable xeral non reduce a base liquidable do aforro, senón que ao seu importe aplícanselle as escalas estatal e autonómica e a cota resultante minora a contía obtida de aplicar as citadas escalas á totalidade da base liquidable do aforro, de forma equivalente a como opera na base liquidable xeral.