Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Gravame estatal

Normativa:Art.º 63.1.1º Lei IRPF

A base liquidable xeral do contribuínte debe ser gravada aos tipos que se indican na escala xeral do imposto que a continuación se reproduce:

Base liquidable ata eurosCota íntegra eurosResto base liquidable ata eurosTipo aplicable Porcentaxe
Escala aplicable con independencia do seu lugar de residencia
0,00 0,00 12.450,00 9,50
12.450,00 1.182,75 7.750,00 12,00
20.200,00 2.112,75 15.000,00 15,00
35.200,00 4.362,75 24.800,00 18,50
60.000,00 8.950,75 En diante 22,50

A contía resultante minorarase no importe derivado de aplicar á parte da base liquidable xeral correspondente ao mínimo persoal e familiar esta mesma escala.

Tipo medio de gravame xeral estatal

Normativa:Art.º 63.2 Lei IRPF

Enténdese por tipo medio de gravame xeral estatal o derivado de multiplicar por 100 o cociente resultante de dividir a cota obtida por aplicación da anterior escala entre a base liquidable xeral.O tipo medio de gravame xeral estatal expresarase con dous decimais sen redondeo.