Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Deducións por incentivos e estímulos ao investimento empresarial en actividades económicas en estimación obxectiva

Normativa:Arts.68.2 e 69.2 Lei IRPF

Cando se trate de contribuíntes que exerzan actividades económicas e determinen o seu rendemento neto polo método de estimación obxectiva, os incentivos e estímulos ao investimento empresarial establecidos ou que se establezan na normativa do Imposto sobre Sociedades só seranlles de aplicación cando así se estableza regulamentariamente tendo en conta as características e obrigas formais do citado método.

Durante o exercicio 2020 non se estableceu regulamentariamente a aplicación de ningún destes incentivos.