Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020.

Por adopción de fillos no ámbito internacional

Normativa: Art. 9  Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Andalucía en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 19 de xuño.

Contía da dedución

600 euros por cada fillo adoptado no período impositivo en que se inscribise a adopción no Rexistro Civil, sempre que se trate dunha adopción de carácter internacional.

Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  • Entenderase que a adopción ten carácter internacional cando así resulte das normas e convenios aplicables a esta materia.
  • Que a suma  das bases impoñibles xerais e do aforro  do contribuínte, recadros [0435] e [0460] da declaración, non supere as seguintes cantidades:

    • - 80.000 euros en tributación individual.
    • - 100.000 euros en tributación conxunta.
  • Cando sexan dous os contribuíntes que teñan dereito á aplicación desta dedución, o seu importe distribuirase por partes iguais.

    Agora ben, se un dos adoptantes non pode aplicar a dedución por superar as bases impoñibles establecidas para ese fin o outro poderá aplicar o importe total da dedución.

Incompatibilidade

Esta dedución non é compatible coa aplicación da dedución autonómica “Por nacemento ou adopción de fillos”.