Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por axuda doméstica

Normativa:Art.º 14 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Andalucía en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 19 de xuño.

Contía e límite máximo da dedución

  • O 15 por 100 do importe satisfeito por conta do empregador ou empregadora á Seguridade Social correspondente á cotización anual dun empregado ou empregada do fogar familiar, que constitúa a vivenda habitual do empregador ou empregadora.

    Para os efectos da mencionada dedución terase en conta o importe satisfeito polo titular do fogar familiar que conste como tal na Tesouraría Xeral da Seguridade Social, pola afiliación en Andalucía ao Sistema Especial para Empregados do Fogar do Réxime Xeral da Seguridade Social, sempre que, á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro), concorran os requisitos e de demais condicións que a continuación se expoñen.

  • O importe máximo da dedución non poderá superar 250 euros.

Supostos, requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución

  1. Cónxuxes ou parellas de feito que cumpran as seguintes condicións:

    • Que os cónxuxes ou integrantes da parella de feito sexan nais ou pais de fillos que formen parte da unidade familiar.
    • Que ambos os dous cónxuxes ou integrantes da parella de feito perciban rendementos do traballo ou de actividades económicas.
    • Que a parella de feito estea inscrita no Rexistro de Parellas de feito da Comunidade Autónoma de Andalucía.

    Neste caso, poderá aplicar a dedución a persoa titular do fogar familiar ou o seu cónxuxe ou parella de feito.Debendo aplicarse o total da dedución un dos dous membros, pero non poderá ratearse.

    Enténdese por titular do fogar familiar, para os efectos desta dedución, o previsto na normativa reguladora do sistema especial do réxime xeral da Seguridade Social de empregados do fogar.

  2. Familias monoparentais que cumpran a seguinte condición:

    Que o pai ou a nai da familia monoparental perciban rendementos do traballo ou de actividades económicas.

    Para os efectos da dedución, ten a consideración de familia monoparental a formada pola nai ou o pai e os fillos que convivan cunha ou outro e que reúnan algún dos seguintes requisitos:

    • Fillos menores de idade, con excepción dos que, co consentimento dos pais, vivan independentes destes.
    • Fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos a patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

    Neste caso, a dedución aplicaraa a nai ou o pai titular do fogar familiar nos termos previstos na normativa reguladora do sistema especial do réxime xeral da Seguridade Social de empregados de fogar.

    Tanto no caso de cónxuxes ou parellas de feito coma no caso de familias monoparentais, deberá facerse constar na casa [0861] do Anexo B.1 da declaración o Código Conta de Cotización do sistema especial do réxime xeral da Seguridade Social de empregados de fogar.

    Nota: para o concepto de familia monoparental véxase o artigo 4 do Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Andalucía en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2018, do 19 de xuño.