Polas cantidades doadas ao Servizo Andaluz de Saúde para a loita contra o avance do Covid-19
Importante: esta dedución será aplicable exclusivamente no exercicio 2020
Normativa: Ar. 1 Decreto-lei 19/2020, do 14 de xullo, polo que se establecen medidas urxentes en materia de sanidade, fiscais e orzamentarias así como de apoio a agricultores, gandeiros e pemes agroalimentarias ante a situación xerada polo coronavirus (Covid-19).
Contía e límite máximo da dedución
-
O 15 por 100 das cantidades doadas a favor do Servizo Andaluz de Saúde e sempre que se destinen ao financiamento de programas de gasto ou actuacións que teñan por obxecto a loita contra o avance do Covid-19 .
-
O importe máximo de dedución será de 500 euros anuais, por declaración (tanto individual coma conxunta).
Xustificación documental da dedución
De acordo co previsto no artigo 24 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e dos incentivos fiscais ao mecenado, e nas súas normas de desenvolvemento, a efectividade da doazón xustificarase mediante certificación expedida polo Servizo Andaluz de Saúde.
A citada certificación deberá conter, polo menos, os seguintes extremos:
- O número de identificación fiscal e os datos de identificación persoal do doador e da entidade donataria (Servizo Andaluz de Saúde).
- Data e importe do donativo cando este sexa monetario.
- Documento público ou outro documento auténtico que acredite a entrega do ben doado cando non se trate de donativos en diñeiro.
- Destino que a entidade donataria dará ao obxecto doado no cumprimento da súa finalidade específica.
-
Mención expresa do carácter irrevogable da doazón, sen prexuízo do que se establece nas normas imperativas civís que regulan a revogación de doazóns.