Saltar ao contido principal
Manual práctico de Renda 2020

Por doazóns con finalidade ecolóxica e en investigación e desenvolvemento científico e técnico

Normativa:Art.º 110-6 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro.

Contía e requisitos para a aplicación da dedución

O 20 por 100 do importe das doazóns monetarias puras e simples efectuadas durante o período impositivo a calquera das seguintes entidades:

  • A Comunidade Autónoma de Aragón e os organismos e entidades públicas dependentes desta, cuxa finalidade sexa a defensa e conservación do medio e a investigación e o desenvolvemento científico e técnico.
  • As entidades sen fins lucrativos a que se refiren os artigos 2 e 3 da Lei 49/2002, do 23 de decembro, de réxime fiscal das entidades sen fins lucrativos e de incentivos fiscais ao mecenado (BOE do 24), sempre que o seu fin exclusivo ou principal sexa a defensa do medio ou a investigación e o desenvolvemento científico e técnico e se achen inscritas nos correspondentes rexistros da Comunidade Autónoma de Aragón.

Límite máximo da dedución

O importe desta dedución non poderá exceder o 10 por 100 da cota íntegra autonómica, casa [0546] da declaración.