Por nacemento ou adopción do terceiro fillo ou sucesivos
Normativa: Art. 110-2 Texto Refundido das disposicións ditadas pola Comunidade Autónoma de Aragón en materia de tributos cedidos, aprobado por Decreto Lexislativo 1/2005, do 26 de setembro.
Contías da dedución
- 500 euros, con carácter xeral, por cada fillo nado ou adoptado durante o período impositivo que sexa o terceiro fillo ou sucesivos do contribuínte.
-
600 euros por cada un dos fillos citados anteriormente, cando, ademais, a suma das bases impoñibles xerais e do aforro, recadros [0435] e [0460] da declaración , menos o mínimo do contribuínte e o mínimo por descendentes, suma dos recadros [0511] e [0513] da declaración, non sexa superior a:
- 21.000 euros en declaración individual.
- 35.000 euros en declaración conxunta.
Ambas as dúas contías son incompatibles entre si.
Requisitos e outras condicións para a aplicación da dedución
- A dedución unicamente poderá aplicarse no período impositivo en que se produza o nacemento ou a adopción.
- A dedución corresponderá ao contribuínte con quen conviva o fillo nado ou adoptado á data de devindicación do imposto (normalmente, o 31 de decembro).
- Cando os fillos que dean dereito á dedución convivan con máis dun contribuínte , o importe da dedución ratearase##3## por partes iguais.